"O único antídoto contra a violencia de xénero é educar en igualdade"
"É un prexuízo pensar que o feminismo é como o machismo pero ó revés"
Ana Iglesias Galdo. Foto de Paco Rodríguez |
_A violencia de xénero vén de cobrarse catro novas víctimas mortais en León, Córdoba, Llodio e Santander. ¿Isto non se vai acabar nunca?
_A sociedade actual está estructurada de tal maneira que coloca a mulleres e homes en situación de desigualdade á hora de acceder a determinados dereitos e exercer determinados deberes. A violencia de xénero, lonxe de ser un lastre ou unha lacra, é un dous efectos mais visibles desa desigualdade.
_¿Por que hai tanta polémica co xeito de nomeala?
_Non dá igoal dicir violencia de xénero, machista ou sexista que dicir conxugal, familiar ou doméstica. Son dous discursos totalmente diferentes. Os tres primeiros conceptos remiten ó seu carácter estructural, da sociedade, do sistema. Os tres seguintes, non. Esta violencia non é froito da brutalidade particular dalguén ou de algo aleatorio.
_Quere dicir que, si falamos por exemplo en termos xornalísticos, os casos de violencia de xénero non deberían ser tratados como un suceso, senón como un problema social.
_Hai que reclamar ou seu carácter estructural e que ser muller é o principal factor de risco para sufrila.