Mostrando entradas con la etiqueta violencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencia. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de mayo de 2013

”A nova lei educativa abre a porta a condutas que terán efectos sexistas”

Ana Iglesias Galdo, decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña

"O único antídoto contra a violencia de xénero é educar en igualdade"

"É un prexuízo pensar que o feminismo é como o machismo pero ó revés"


Ana Iglesias Galdo. Foto de Paco Rodríguez
Nin é unha lacra social, como levamos anos escoitando, nin se lle debe chamar doméstica nin conxugal. A violencia de xénero é estructural. É dicir, é a expresión da desigualdade existente entre homes e mulleres na sociedade actual. Para combatela, educación. Ou mellor dito, coeducación. A decana da Facultade de Ciencias da Educación, Ana Iglesias Galdo (Ortigueira, 1962), clama contra a Lomce porque ampara ós colexios que segregan ó alumnado por sexo. “A nova lei rompe co principio de coeducación mais básico. Os lugares onde se segrega por sexo contribúen aínda mais ó sexismo”.

_A violencia de xénero vén de cobrarse catro novas víctimas mortais en León, Córdoba, Llodio e Santander
. ¿Isto non se vai acabar nunca?
_A sociedade actual está estructurada de tal maneira que coloca a mulleres e homes en situación de desigualdade á hora de acceder a determinados dereitos e exercer determinados deberes. A violencia de xénero, lonxe de ser un lastre ou unha lacra, é un dous efectos mais visibles desa desigualdade.

_¿Por que hai tanta polémica co xeito de nomeala?
_Non dá igoal dicir violencia de xénero, machista ou sexista que dicir conxugal, familiar ou doméstica. Son dous discursos totalmente diferentes. Os tres primeiros conceptos remiten ó seu carácter estructural, da sociedade, do sistema. Os tres seguintes, non. Esta violencia non é froito da brutalidade particular dalguén ou de algo aleatorio.

_Quere dicir que, si falamos por exemplo en termos xornalísticos, os casos de violencia de xénero non deberían ser tratados como un suceso, senón como un problema social.
_Hai que reclamar ou seu carácter estructural e que ser muller é o principal factor de risco para sufrila.