domingo, 26 de mayo de 2013

”A nova lei educativa abre a porta a condutas que terán efectos sexistas”

Ana Iglesias Galdo, decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña

"O único antídoto contra a violencia de xénero é educar en igualdade"

"É un prexuízo pensar que o feminismo é como o machismo pero ó revés"


Ana Iglesias Galdo. Foto de Paco Rodríguez
Nin é unha lacra social, como levamos anos escoitando, nin se lle debe chamar doméstica nin conxugal. A violencia de xénero é estructural. É dicir, é a expresión da desigualdade existente entre homes e mulleres na sociedade actual. Para combatela, educación. Ou mellor dito, coeducación. A decana da Facultade de Ciencias da Educación, Ana Iglesias Galdo (Ortigueira, 1962), clama contra a Lomce porque ampara ós colexios que segregan ó alumnado por sexo. “A nova lei rompe co principio de coeducación mais básico. Os lugares onde se segrega por sexo contribúen aínda mais ó sexismo”.

_A violencia de xénero vén de cobrarse catro novas víctimas mortais en León, Córdoba, Llodio e Santander
. ¿Isto non se vai acabar nunca?
_A sociedade actual está estructurada de tal maneira que coloca a mulleres e homes en situación de desigualdade á hora de acceder a determinados dereitos e exercer determinados deberes. A violencia de xénero, lonxe de ser un lastre ou unha lacra, é un dous efectos mais visibles desa desigualdade.

_¿Por que hai tanta polémica co xeito de nomeala?
_Non dá igoal dicir violencia de xénero, machista ou sexista que dicir conxugal, familiar ou doméstica. Son dous discursos totalmente diferentes. Os tres primeiros conceptos remiten ó seu carácter estructural, da sociedade, do sistema. Os tres seguintes, non. Esta violencia non é froito da brutalidade particular dalguén ou de algo aleatorio.

_Quere dicir que, si falamos por exemplo en termos xornalísticos, os casos de violencia de xénero non deberían ser tratados como un suceso, senón como un problema social.
_Hai que reclamar ou seu carácter estructural e que ser muller é o principal factor de risco para sufrila.


_Pois aínda se segue a relacionar co alcohol ou cos celos en moitísimos casos.
_O que hai que dicir é que esa violencia estase producindo porque ven derivada de como está organizada a sociedade.

_Nin siquera Ana Mato atinou co concepto correcto. Nos seus primeiros días como ministra de igualdade, falaba de violencia familiar.
_É un dous problemas que ten esta temática, a falta de formación ó respecto. Ata na Universidade, o feminismo non se recoñece como un saber científico. Parece que ten mais que ver cunha actitude ante a vida e non cunha ciencia.

_Parte da reticencia que xenera o movimento feminista é porque parece que quere poñer ás mulleres por enriba dos homes. E logo están as cotas, que discriminan positivamente.
_Ese é un dous prexuízos mais asentados, pensar que o feminismo é o mesmo que o machismo pero ó revés. Non. Cos meus alumnos, isto sempre dáme para dúas clases como mínimo (Risas). O machismo é “a supremacía do varón sobre de” e o feminismo ten como denominador común precisamente a igualdade entre mulleres e homes, non a supremacía.

_¿De onde ven esta confusión?
_ En gran parte, polas políticas de acción positiva que están dirixidas ás mulleres, porque son as que están en posición de desigualdade. Desde fóra, ás veces percíbese que é darlles ás mulleres mais do que son.

_O problema é que se perciba que a muller conquista eses espazos por unhas cotas e non polo que vale en realidade. ¿Vostede pensa que fan falla mecanismos deste tipo para que poidamos ocupar antes o espazo que nos corresponde?
_Eu resístome a contestar a pregunta “cotas si, cotas non”. Sería como reducir todo un proxecto político a unha medida en concreto. Isto se entende moi ben coa Facenda pública. Todos entendemos que quen cobra mais, paga mais e quen ten menos salario, paga menos pero recibe mais do Estado de Benestar. Isto é unha política de acción positiva. Por clase social, se entenden mellor este tipo de políticas.

_Pero por xénero, aínda hai certas resistencias.
_Porque a sociedade aínda ten dificultades para tomar conciencia de que hai unha desigualdade específica por sexo. Pero nono fai adrede. Se o tivera claro, non estaría en contra destas políticas. O obxectivo último é que estas accións deixen de existir, cando se alcance a igualdade. Si vemos aínda as fotos onde só saen gravatas, e porque aí hai un teito de cristal.

_¿Non pensa que ese teito de cristal ás veces nolo poñemos nós, as propias mulleres?
_Que falemos de feminismo non quere dicir que non haxa mulleres machistas. O patriarcado, esta nosa estrutura social da que lle falo, aféctanos a homes e mulleres por igoal.

_Eu referíame a que moitas mulleres non teñen a mesma ambición profesional que os homes. A que se debe isto?
_¿Por que as mulleres interésanse menos polos ámbitos de poder? Por culpa da educación diferenciada. Algo lles ensinamos distinto a mulleres e homes para que aprendan isto. Así que unha pregunta que eu me faría é: ¿Que lles ensinamos mal? E a outra cuestión é: ¿Que teñen os ámbitos de poder para que ás mulleres lles parezan menos interesantes?

-¿Cal é o antídoto para frear a violencia de xénero?
_Educar para a igualdade, facer efectiva a coeducación e identificar as pautas culturais que aínda hoxe contribúen a reproducir os sexismos imperantes. Hai que poñer en marcha modelos educativos rabiosamente antisexistas. Que os rapaces e rapazas poidan tomar distancia dá súa herdanza familiar e decatarse de que aí había ou hai unha desigualdade.

_Que por exemplo o rapaz que se criou cunha nai facéndoo todo na casa, coidando dos maiores e nunha situación de inferioridade, se decate diso.
_O rapaz ten que chegar a ver qué hai de inxusto nese tipo de relación. Unha dás condicións para que non exista violencia de xénero é que os homes rexeiten os privilexios que teñen por sexo. Se ti sabes que che están dando unha serie de privilexios so polo feito de ser home, debes poder rechazalos porque son a costa de desigualdades.

_Habería que cambiar os libros de texto e formar ao profesorado, entón.

_Xa hai profesores e centros que fan unha labor fantástica pero isto debería ser obrigatorio. Agora estase falando de que sexa unha materia transversal. Eu non son moi partidaria diso, porque penso que non habería tempo para profundar nestes temas. Para mín era mais importante a asignatura de “Educación para a cidadanía”, que si abordaba o tema de xeito específico.

_Asignatura que desaparece coa nova lei educativa. Debo supor que non é do seu agrado, polo tanto.
_Temos evidencias de que non coloca a coeducación nunha dás súas prioridades. E abre a porta a prácticas que terán, sen dúbida, efectos sexistas. Está demostrado que os espazos de convivencia onde agrúpase só por sexo, contribúen mais á reprodución dos sexismos. Que rapaces e rapazas ocupen os mesmos espazos é un dous principios craves da coeducación. A LOMCE rompe co principio de coeducación mais básico.

_Pero non é so na escola. Os estereotipos sexistas están presentes a diario na tele ou incluso nos xornais. Hai un diario deportivo que sempre saca a unha muller semidesnuda na última páxina. E o outro día, no telediario, se ensinaba ás nais a non vestir provocativas ás súas fillas.
_A igualdade aínda non é un ben conquistado. Hai que ir arroxando luz en tódolos ámbitos onde aínda hai desigualdade.

_Ao sexismo se contribúe tamén cando so se lle regala cociñas de xoguete ás nenas ou impídese a un neno que xogue con bonecas.
_E que todavía temos normalizadas determinadas prácticas. E non chega cun folleto informativo. Fai falla formación e conciencia para identificar as pautas culturais que reproducen esas condutas sexistas. 

_Aínda se escoita a moitas adolescentes dicir iso de que lles gustaría ter un mozo que fora “protector” con elas.
_Os estereotipos de xénero variaron moito, pero en relación á educación afectivo-sexual permanecen case invariables. Aínda hai moita resistencia a deixar de atribuír ós homes que son eles os que teñen mais fortaleza ou valentía, por exemplo.

_Se xa existe unha cultura xeral de repulsa á violencia de xénero, como é que segue a suceder?
_Existe un rexeitamento visceral cara as mortes por violencia de xénero. E temos avanzado moito dende que falábamos de crime pasional ata hoxe. Pero o dás mortes é so a punta do iceberg. Hai moitos outros tipos de violencia que non son tan visibles ou que non denúncianse: ameazas, violencia psicolóxica, etc.. Cada vez que se valora menos as mulleres polo feito de selo, que non valórase a súa opinión non mesmo termo, que vemos que teñen que traballar mais horas para cobrar ou mesmo, ante todos ese datos que miden a desigualdade, e aí onde non podemos ser cómplices.

Ana Iglesias Galdo 
dá clase en primeiro de Educación Social. Imparte a asignatura "Xénero, igualdade e educación" As súas liñas de estudo son os problemas sociais, a xustiza xuvenil, xénero e igualdade.